Estamos facendo as nosas carpetas para guardalos debuxos. Levaranos un par de semaniñas porque son enormes!
Collimos uns cartóns grandes, os dobramos a metade, os pintamos de branco (porque así as cores vense máis bonitiñas) e …
A CREAR!!!
Fixemos compras e xa temos parte do noso material de traballo!! Algo que era moi reclamado era o pincel por iso a nosa segunda clase tiña que telo por protagonista. Usamos témperas para achegarnos a aprender A COR, algo imprescindible na plástica.
El color en un cuadro es como el entusiasmo en la vida.
Vincent Van Gogh
O mundo que nos rodea esta cheo de cor, mires para onde mires existen centos de cores que forman o noso mundo.
Para poder crear e aprender na arte necesitamos entender que é a cor, de onde sae e o máis importante cales son as cores básicas que utilizamos e as súas combinacións.
Na plástica distínguense tres cores primarias: Magenta, Cian e Amarelo
Coa conbinación destas cores podemos atopar todas as demais, por exemplo as cores secundarias:
Magenta + Cian = Morado
Magenta + Amarelo = Laranxa
Cian + Amarelo = Verde
Entender e distinguir cales son as cores primarias e secuandarias é moi difícil pero esperamos que pouco a pouco o consigamos!!
Como ainda non tiñamos material para traballar, era preciso elexir en conxunto que materiais gustábanos e cales eran as nosas preferencias. Por isto Adriana levou a clase todo tipo de material de belas artes para experimentar e despois tomar decisións…
Estas son as nosas primeiras creacións:
Materiais utilizados: lápices de cores, lápices acuarelables, acuarelas, cretas, ceras, carboncillo, pasteles…
Por orden de esquerda a dereita: Martina con lápices acuarelables, Alba con cretas, Pablo con lápices acuarelables, Luis con acuarela, Sara Díaz con pasteles, Celia con acuarela, Sergio con acuarela, rotulador, carboncillo e pastel, Ana con lápices acuarelables e pastel, Uxía con cretas, Laura con pastel, Sara Vázquez con lápices de cores, César con lápices de cores.
Ola a todos!!
Este blog ten como finalidade crear un espazo no que contar as nosas experiencias nas clases extraescolares de expresión artística do ceip Ben Cho Shey, no Pereiro de Aguiar. A nosa idea é mostrar os traballos, as nosas inquedanzas, dar noticias de interese, avisos…e moito máis.
Moitas gracias por seguirnos 😉
Equipo fantástico: Adri (la profe), Sara Diaz, Laura, Luis, Ana, Pablo, Sergio, Uxía, Alba, Celia, César, Sara Vázquez y Martina.