Monthly Archives: Marzo 2014
Exposición “Interpretando a Miró” 21 marzo, 17:30
Temos a honra de convidalo á inauguración da exposición colectiva “Interpretando a Miró” como resumo do traballo realizado nas clases de expresión artística dende o comezo do curso 2013-2014. Lugar: Ceip Ben Cho Shey. Data: 21 de marzo ás 17:30.
Durante os meses de xaneiro e fabreiro estivemos traballando para organizar unha exposición colectiva, despois de moito discurrir, facer bocetos, elexir imaxes… chegamos a conclusión que o artista elexido sería Miró e xa veredes os fantásticos resultados.
Acercádeos!!!
Comezamos marzo coa escultura!!
Ola de novo,
levamos dous mesiños sen deixar un artigo no blog porque estábamos a traballar na exposición colectiva “Interpretando a Miró”, que é sorpresa… así que se queredes ver o que fixemos, teredes que vir!!! 😉
Desde marzo, comezamos unha nova etapa do curso 2013-2014 do curso de expresión artística, deixamos o bidimensional para pasar o tridimensional. Estamos a traballamar dunha maneria moi ecléctica: pasta de modelar, plastilina, pintura, silicona, materiais electrónicos, de reciclaxe….
Deixamos unhas fotos para que vexades o andamos a argallar….