Video final de “creando planetas”

Creando planetas II

Esta semana seguimos traballando cos planetas. Despois de facer o fondo a cores e recortalos círculos, tócanos pintar todo de negro co rodillo. Despois collemos uns cepillos de dentes e fixemos estrelas por todo o ceo…..

Aquí vedes o noso proceso!

DSC04645 DSC04646 DSC04647 DSC04648 DSC04649 DSC04650 DSC04651 DSC04655 DSC04656 DSC04657 DSC04658 DSC04659 DSC04660

Creando planetas!!!

A verdade e para os protagonistas este traballo é un pequeno segredo… imos traballando baixo a direción da profe pero sin un fin concreto, así ela pretende traballar as sorpresas que forman parte dos procesos creativos.

O noso novo proxecto pretende traballar:

  • A técnica coa esponxa e rodillo
  • A idea das capas
  • Técnicas mixtas e reciclaxe
  • A contraste da cor
  • A psicimotricidade fina, no caso dos máis cativos, co recorte

É coma sempre A PROPIA EXPRESIÓN A VEZ QUE O PASAMOS BEN !!

Este traballo o dividimos en dúas sesións:

1ª sesión:

  • Cubrilo lienzo con cores con esponxa
  • Recortar círculo

Continuará…

DSC04593 DSC04594 DSC04595 DSC04596 DSC04597 DSC04598 DSC04602 DSC04603 DSC04604 DSC04606 DSC04607 DSC04608 DSC04609 DSC04610 DSC04611 DSC04612

Pensando nunha exposición…

Ola a todos!

Estamos pensando en facer unha exposición a volta de nadal e estamos a facer probas sobre tema e ideas que pensamos que poden ser interesantes. Nesta clase fixemos unhas versións das obras de artistas contemporáneos para despois a volta das vacación facer a nosas interpretacións.

Velaquí os artistas e as obras elexidas para interpretar:

basquiat_luis Jean-Michel Basquiat

kandinsky_acuarela kandinsky_multicolor   Vasili Kandinskimiro_peques miro_saritaJoan Miró

mondrian_composPiet Mondrian

Como tivemos a semana pasada de festa, pois nesta rematamos ás nosas carpetas, aquí nos vedes traballando:

DSC04490 DSC04491 DSC04492 DSC04493 DSC04494 DSC04495

*faltan os tímidos…. 😉

Estamos facendo as nosas carpetas para guardalos debuxos. Levaranos un par de semaniñas porque son enormes!

Collimos uns cartóns grandes, os dobramos a metade, os pintamos de branco (porque así as cores vense máis bonitiñas) e …

A CREAR!!!

DSC04485 DSC04486 DSC04487 DSC04488

Os novos materiais e a estrea dos PINCEIS

Fixemos compras e xa temos parte do noso material de traballo!! Algo que era moi reclamado era o pincel por iso a nosa segunda clase tiña que telo por protagonista. Usamos témperas para achegarnos a aprender A COR, algo imprescindible na plástica.

El color en un cuadro es como el entusiasmo en la vida.
Vincent Van Gogh

O mundo que nos rodea esta cheo de cor, mires para onde mires existen centos de cores que forman o noso mundo.

Para poder crear e aprender na arte necesitamos entender que é a cor, de onde sae e o máis importante cales son as cores básicas que utilizamos e as súas combinacións.

Na plástica distínguense tres cores primariasMagenta, Cian e Amarelo

Coa conbinación destas cores podemos atopar todas as demais, por exemplo as cores secundarias:

Magenta + Cian = Morado

Magenta + Amarelo = Laranxa

Cian + Amarelo = Verde

Entender e distinguir cales son as cores primarias e secuandarias é moi difícil pero esperamos que pouco a pouco o consigamos!!

un exemplo do traballo que fixemos un exemplo do traballo que fixemos