Bos días,
Hoxe deixamos as fotos das esculturas que fixemos no grupo dos xoves. Utilizamos arxila branca, fixemos a forma que quixemos e a pintamos ao gusto!!
Esperamos que vos gusten, 😉
Fixemos compras e xa temos parte do noso material de traballo!! Algo que era moi reclamado era o pincel por iso a nosa segunda clase tiña que telo por protagonista. Usamos témperas para achegarnos a aprender A COR, algo imprescindible na plástica.
El color en un cuadro es como el entusiasmo en la vida.
Vincent Van Gogh
O mundo que nos rodea esta cheo de cor, mires para onde mires existen centos de cores que forman o noso mundo.
Para poder crear e aprender na arte necesitamos entender que é a cor, de onde sae e o máis importante cales son as cores básicas que utilizamos e as súas combinacións.
Na plástica distínguense tres cores primarias: Magenta, Cian e Amarelo
Coa conbinación destas cores podemos atopar todas as demais, por exemplo as cores secundarias:
Magenta + Cian = Morado
Magenta + Amarelo = Laranxa
Cian + Amarelo = Verde
Entender e distinguir cales son as cores primarias e secuandarias é moi difícil pero esperamos que pouco a pouco o consigamos!!
Como ainda non tiñamos material para traballar, era preciso elexir en conxunto que materiais gustábanos e cales eran as nosas preferencias. Por isto Adriana levou a clase todo tipo de material de belas artes para experimentar e despois tomar decisións…
Estas son as nosas primeiras creacións:
Materiais utilizados: lápices de cores, lápices acuarelables, acuarelas, cretas, ceras, carboncillo, pasteles…
Por orden de esquerda a dereita: Martina con lápices acuarelables, Alba con cretas, Pablo con lápices acuarelables, Luis con acuarela, Sara Díaz con pasteles, Celia con acuarela, Sergio con acuarela, rotulador, carboncillo e pastel, Ana con lápices acuarelables e pastel, Uxía con cretas, Laura con pastel, Sara Vázquez con lápices de cores, César con lápices de cores.