Os novos materiais e a estrea dos PINCEIS

Fixemos compras e xa temos parte do noso material de traballo!! Algo que era moi reclamado era o pincel por iso a nosa segunda clase tiña que telo por protagonista. Usamos témperas para achegarnos a aprender A COR, algo imprescindible na plástica.

El color en un cuadro es como el entusiasmo en la vida.
Vincent Van Gogh

O mundo que nos rodea esta cheo de cor, mires para onde mires existen centos de cores que forman o noso mundo.

Para poder crear e aprender na arte necesitamos entender que é a cor, de onde sae e o máis importante cales son as cores básicas que utilizamos e as súas combinacións.

Na plástica distínguense tres cores primariasMagenta, Cian e Amarelo

Coa conbinación destas cores podemos atopar todas as demais, por exemplo as cores secundarias:

Magenta + Cian = Morado

Magenta + Amarelo = Laranxa

Cian + Amarelo = Verde

Entender e distinguir cales son as cores primarias e secuandarias é moi difícil pero esperamos que pouco a pouco o consigamos!!

un exemplo do traballo que fixemos un exemplo do traballo que fixemos

2 thoughts on “Os novos materiais e a estrea dos PINCEIS

Deixar un comentario